Curso medio de linguaxe xurídica galega
A Escola Galega de Administración Pública convoca 3 edicións do curso medio de Linguaxe xurídica galega para o persoal da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e 2 edicións para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
As ditas actividades poderán solicitarse a través de http://egap.xunta.es/matricula desde as 8 horas do 16 de setembro ata as 14 horas do 25 de setembro.
Tan só no caso de ser admitido na actividade será preciso achegar á EGAP unha copia escaneada da certificación que acredite a superación do curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.
Máis información http://egap.xunta.es/fichanova/id/2189
Modelo de permisos y Licencias
Os adjuntamos el formulario que sigue siendo válido hasta nuevo cambio para permisos y licencias.